Algunhas cousas para facer en xullo

Xullo é un dos meses cheos de actividades desas que conectamos co verán. Festas gastronómicas, festivais… O que segue son só tres propostas extra de teatro, exposicións e libros para sumar á axenda.

Libros! Un dos clásicos do verán son as feiras do libro, que seguen semana tras semana e mes tras mes. Xullo comeza coa inauguración da de Vigo, que tras anos de localizacións en lugares cuestionables volve á Alameda. Estará ata o 7 de xullo. Logo, a feira irá a Ponteareas (11 a 14) e Rianxo (24 ao 27).

MIT. Outra proposta clásica é a Mostra Internacional de Ribadavia, que este ano será do 19 ao 27 de xullo. O programa está repleto de propostas. Ábreo Dique, o último espectáculo de Nova Galega de Danza, recupera a historia das 200 mulleres que hai 150 anos escavaron o Dique da Campá de Ferrol.

A cidade e as xentes. Poucas cousas nos gustan máis que as exposicións de fotos que mostran un mundo que xa non existe e espazos que cambiaron profundamente. Esta exposición na Biblioteca Pública de Lugo usa o fondo que o Arquivo Histórico Provincial ten das fotos de José Luis Vega para capturar como era a cidade —e como estaba cambiando— entre 1970 e 1975. Ata o 15 de outubro.

Fotografía | MIT

Shares

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *